
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: A Mezquita
Parroquia: Cádavos (Santa María Madanela)
Lugar: Cádavos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XIX,
Descrición:
Edificación dos séculos XVIII-XIX feita en perpiaño granítico, de planta rectangular e cuberta con xisto a dúas augas agás no presbiterio que é a catro augas.
Na fachada principal destaca a porta lintelada de época posterior á igrexa, con arco dovelado, columnas con capiteles e frontón rectangular.
O conxunto remata cunha espadana de dous ocos con pináculos nos laterais e cruz pétrea de remate.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: 39011971
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
No interior da igrexa se garda un calvario pintado e unha cruz de bronce do século XVII.
Tamén podemos ver un retablo lateral barroco dourado e tamén coa decoración do intradorso do arco triunfal que separa a nave do presbiterio.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
NORMAS SUBSIDIARIAS
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/OURPA004.PDF (Páxina 5)
https://amezquita.gal/patrimonio/gal-igrexacadavos.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 41.9780837259Lonxitude: -7.00951447945
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
Oscar Franco says:
Nov 11, 2019
Detalle dunha fiestra lateral.
Alberte says:
Xuñ 19, 2020
Esta igrexa ten unha fenda na parede sur con indicios de ser xerada por movemento sísmico (desprazamento horizontal dos bloques de granito, maior a máis altura de xeito proporcional). Con moita probabilidade a fenda foi orixinada polo terremoto de Lisboa de 1755.
Alberte says:
Xuñ 19, 2020
A fends ten un parche de cemento.