Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: A Mezquita
Parroquia: Castromil (Nosa Señora da Encarnación)
Lugar: Castromil
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Edificación feita en perpiaño granítico, de planta rectangular e cuberta con xisto a dúas augas agás na ábsida que é a catro augas.
Na fachada principal podemos ver unah porta de aceso dovelada e con molduras. Maís arriba unha espada de dous ocos con pináculos nos extremos e cruz pétrea no cume.
A continuación a descrición que recolle a referencia bibliográfica:
“No interior da igrexa destaca o seu retablo maior de época barroca, realizado en pedra granítica, con tres rúas separadas con columnas de estilo dórico. No retablo aparecen as imaxes en madeira de San Roque e a Virxe María; remátase nunha cuncha de vieira que recordan aos nervos dunha cúpula ilusoria. Estes elementos aparecen coroados cunha rosácea de seis follas inscrita nun círculo, un motivo decorativo que está presente en Galicia desde a prehistoria.
No alto, coroación típica de arquitrabe, friso e cornixa, co corpo central adiantado e de maiores dimensións. O segundo corpo aparece conformado por un edículo central con fornela que acolle unha imaxe de Cristo unxido polo Espírito Santo flanqueado por catro estilizados pináculos de forma troncopiramidal”.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: 39011959
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
NORMAS SUBSIDIARIAS
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/OURPA004.PDF (Páxina 5)
https://amezquita.gal/patrimonio/gal-castromil.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.0071881753Lonxitude: -6.98168158643
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84