Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: A Laracha
Parroquia: Lendo (San Xulián)
Lugar: Lendo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Século XIX,
Descrición:
Igrexa de planta de salón de orixe románico dunha soa nave cunha ábsida rectangular separados por un arco triunfal en arco de medio punto. Reconstruída no século XIX, a súa construción é mediante muros portantes de pedra de cantería irregular á vista. A cuberta é a dúas augas con cubrición de tella curva do país. No muro septentrional hai unha porta selada de distribución radial na súa estrutura, con fábrica de pedra a distintas alturas e que posúe un detallado debuxo ademais duns canzorriños de feitura románica. Cabe destacar un deles coa imaxe dun elefante, rarísimo elemento iconográfico no románico galego.
A fachada , en conxunto, é de trazado moi simple e gran sobriedade, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta de acceso alintelada. Sobre o ingreso vai unha xanela rectangular que dá luz ó coro. Rompendo o vértice do pentágono unha base para unha espadana de dous corpos flanqueada por dous pináculos con bóla. O primeiro corpo formao un arco de medio punto que descansa sobre piares moldurados e serve para aloxar unha campá do ano 1794. O segundo un frontón triangular curvo flanqueado por dous pináculos piramidais e rematando o conxunto por unha cruz de pedra.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.
Lendo conta cunha gran importancia histórica dado que aparece como encomenda templaria en 1241, aínda que se supón que xa levaba funcionando como tal dende principios do século XIII. Os Templarios asentáronse na parroquia e fixeron dela a nova sede administrativa dependente da Bailía de Faro, xa que este era un lugar ideal pola súa posición xeográfica (máis ou menos céntrica e a escasos 30 quilómetros da Coruña), boas comunicacións e proximidade co mar.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Cabana, Carballo, Coristanco, Laracha, Laxe, Malpica e Ponteceso”. Volume V. Deputación Provincial da Coruña, 1998.
– Panel informativo do lugar.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LARACHA/documents/0199CA002.PDF (Páx. 9).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.2772548294Lonxitude: -8.6046065878
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84