
Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida, Igrexa,
Concello: Carballo
Parroquia: Razo (San Martiño)
Lugar: Razo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Igrexa de planta rectangular á que lle foi engadida; no muro sur, un pequeno corpo que se corresponde coa sancristía. A única nave está cuberta con bóveda de canón, soportada no exterior por contrafortes, mentres que no interior posúe arcos faixóns que se apoian sobre pilastras e dividen o espazo en tres tramos. A cuberta é a dúas augas no corpo principal e a tres o da sancristia, todas elas con cubrición de tella curva do país.
A fachada, de trazado moi simple, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta de acceso alintelada. Sobre o ingreso vai unha xanela rectangular e rompendo o vértice do pentágono unha base para unha espadana de dous corpos. O primeiro corpo formao un arco de medio punto que descansa sobre piares moldurados e serve para aloxar unha campá que pertenceu a un barco naufragado nas inmediacións chamado “María Victoria” ainda que, na campá veña o nome de “War Down”. O segundo un frontón triangular curvo flanqueado por dous pináculos piramidais e rematando o conxunto por unha cruz de pedra.
Esta capela foi construída no ano 1948 e rehabilitada no ano 2013.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Cabana, Carballo, Coristanco, Laracha, Laxe, Malpica e Ponteceso”. Volume V. Deputación Provincial da Coruña, 1998.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CARBALLO/documents/27981ca016.PDF (Páx 7).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.2868692315Lonxitude: -8.7206290347
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84