Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida, Igrexa,
Concello: Carballo
Parroquia: Lema (San Cristovo)
Lugar: O Castrillón
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa de planta rectangular á que lle foi engadida; no muro sur, un pequeno corpo que se corresponde coa sancristía. A única nave está cuberta a dúas augas no corpo principal e a unha o da sancristia, todas elas con cubrición de tella curva do país.
A fachada, de trazado moi simple, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta de acceso alintelada e rompendo o vértice do pentágono unha base para unha espadana de dun corpo formado por un arco de medio punto que descansa sobre piares moldurados e serve para aloxar unha campá que pertenceu a un barco chamado “Aries” naufragado o petar contra unhas pedras ó carón da Illa da Rúa, no interior da Ría de Arousa.
Esta pequena capela, recentemente restaurada, coroa a cima do castro de Castrillón, dende o que se domina visualmentetoda a paisaxe costeira do concello.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

A tradición di que foi trasladada fai máis de 200 anos dende o fondo da lagoa, traendo pedra a pedra e reconstruíndoa neste lugar. Existen referencias de que no 1772 xa se atopaba na súa ubicación actual, memtres que no 1594 situábase no areal de Baldaio, preto da fonte de Santa Irene.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Cabana, Carballo, Coristanco, Laracha, Laxe, Malpica e Ponteceso”. Volume V. Deputación Provincial da Coruña, 1998.
– PATRICIO CORTIZO, F.: http://omergulladoratlantico.blogspot.com/2016/ A Campa da capela de Santa Irene.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CARBALLO/documents/27981ca013.PDF (Páx. 7).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2845683013
Lonxitude: -8.67788002172
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84