Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Carballo
Parroquia: Lema (San Cristovo)
Lugar: O Igrexario, Lema
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Trátase dunha igrexa que posúe unha planta rectangular, cunha nave e presbiterio; este último separado da nave principal por un arco triunfal sustentado por dúas columnas con capiteis historiados e, apegado o seu muro sur a sancristía. A estrutura da cuberta é a dúas augas, cunha cubrición de tella curva do país. O interior, de escasa ornamentación, cóbrese cunha bóveda rebaixada de cemento.
En canto a fachada, de forma pentagonal e dende un eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta rectangular adovelada, con decoración de molduras e friso sobre lintel. Sobre o ingreso vai unha pequena fornela con forma de vieira que acolle á figura pétrea de San Cristovo, enriba desta un pequeno óculo que ilumina o coro. Rompendo o vértice da fachada unha base para unha espadana de dous corpos composto de dous arcos de medio punto sobre piares moldurados que serven pra aloxa-las campás. O segundo corpo descansa sobre unha cornixa, rematado por un frontón triangular moi moldurado no que se abre un arco de medio punto flanqueado por dous pináculos con bóla e todo o conxunto está coroado por unha cruz octogonal de pedra. O acceso ó campanario efectuase a través dunhas escaleiras interiores das cais, o derradeiro tramo discorre polo penal da cuberta.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Cabana, Carballo, Coristanco, Laracha, Laxe, Malpica e Ponteceso”. Volume V. Deputación Provincial da Coruña, 1998.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CARBALLO/documents/27981ca013.PDF (Páx.9).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.2833524714Lonxitude: -8.66769219965
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84