Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Sarria
Parroquia: Betote (San Vicenzo)
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Calcolítico,
Descrición:

No ano 2006, durante o control arqueolóxico das obras de construción da estrada de alta capacidade entre Nadela e Sarria, apareceu unha gran pedra granítica con varias cazoletas gravadas na súa superficie e arrodeada por un círculo de pedras fincadas delimitado por unhas foxas lonxitudinais que podería conformar un novo anel delimitador. Unha vez realizadas as escavacións, optouse por trasladala do lugar orixinal para o que foi necesario seccionala en catro fragmentos debido ao seu peso (112 toneladas). Unha vez na nova ubicación, procedeuse á súa colocación, recuperando a morfoloxía e orientándoa e nivelándoa de forma que mantivese a relación espacial co seu ámbito.
Segundo Juan A. Cano Pan, o arqueólogo encargado dos traballos, o xacemento pode encadrarse no período Calcolítico, cunha antigüidade que ronda os 4.000 anos. No seu conxunto configuraría un espazo simbólico relacionado con algún tipo de ritual.
Tal como recolle a memoria de Actuacións Arqueolóxicas do ano 2006, publicado pola Consellería de Cultura, o coñecido como Bolo de Betote foi trasladado para unha propiedade de titularidade pública, sinalándose que, ademais dos accesos, se colocarían dous paneis explicativos que nunca se chegaron a poñer.

Fotos do ano 2015, cando aínda se vía, e de novembro de 2019 xa totalmente cuberto pola maleza.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

Dende o verán de 2019 ata o momento confección desta ficha, no Colectivo Patrimonio dos Ancares recibimos varias queixas achegadas por persoas e asociacións para denunciar o estado de abandono en que se atopa este singular ben patrimonial, mesmo houbo xente que, simplemente, non foi quen de localizalo. O sábado, 9 de novembro de 2019, dirixímonos ata o lugar, comprobando, en efecto, que cómpre saber con exactitude onde se atopa para poder dar con el. Aínda así, debido á mestísima maleza que o cubre (arbustos, silvas, etc.) resulta imposible aprecialo.

O luns seguinte enviámoslle un correo electrónico á Concellalía de Cultura do Concello de Sarria para que fagan as xestións necesarias para valorizar este importantísimo, case único, ben patrimonial, procedendo á limpeza do entorno e sinalizándoo xa que a pesares do reflectido na mencionada memoria, que nós saibamos, nunca foi sinalizado.
No 2015 xa denunciaramos o seu abandono por parte das Administracións, situación que empeorou co paso dos anos. Sempre se pon a desculpa da dificultade para sinalizar un ben patrimonial, alegando que a maioría se atopan en propiedade privada. Pero non é este o caso porque a súa ubicacións está nunha propiedade pública e, ademais, goza da máxima protección xa que ao ter gravuras (cazoletas) é, de por si, BIC. Sería o primeiro xacemento prehistórico posto en valor no concello de Sarria.

Tamén lle enviamos un escrito á Xunta de Galicia para que corrixan a ubicación actual do Bolo de Betote na cartografía do Plan Básico Autonómico (PBA), xa que nela figura situado no lugar onde apareceu (que tamén se debe protexer), pero non na nova ubicación.


Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8000861858
Lonxitude: -7.41457745344
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84