Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: A Mezquita
Parroquia: O Pereiro (San Pedro)
Lugar: O Pereiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Capela do século XIX feita a base de perpiaño granítico labrado e escuadrado, de planta rectangular e cuberta a dúas augas, agás no presbiterio que é a catro augas. Amosa pináculos de bóla nos extremos.
A fachada principal presenta un pequeno pórtico a unha auga con columnas tronco–cónicas de pedra granítica labrada. O acceso ao interior realízase por medio dunha porta doelada con arco de medio punto. O conxunto remata cunha espadana dun só oco con cruz de pedra no cume.
O corpo do presbiterio presenta muros feitos con cachoteria granítica e revocado en cemento.
Esta capela ten unha importante transcendencia dentro da historia do Concello da Mezquita, por ser o punto de encontro do Camiño da Prata coa Ruta da Pana ou Ruta Bragantiña.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: 39012006
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

NORMAS SUBSIDIARIAS
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/OURPA004.PDF (Páxina 5)

http://www.amezquita.es/index.php/es/ocamino-2


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.0300426703
Lonxitude: -7.04767035062
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84