Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: A Laracha
Parroquia: Montemaior (Santa María Madalena)
Lugar: O Igrexario
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A igrexa parroquial é de estilo barroco (século XVII). Consta de planta rectangular cunha soa nave, presbiterio e sancristía. Separa un arco de medio punto a nave do presbiterio.
En conxunto, na fachada destaca a sensación ascensional que provén do volume da torre campanario barroca, ao que hai que engadir os xogos xeométricos que realzan os valores compositivos.
No exterior, a construción é de cantería de pedra nas esquinas e na fachada, estando emblanquecidas as restantes partes dos muros.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Destacar que as imaxes do retablo maior son produción do imaxineiro compostelán José Ferreiro, o mellor escultor galego do último terzo do século XVIII, e un dos escultores galegos cunha bibliografía máis ampla. Formou parte de taller de o seu sogro e mestre José Gambino. Ditas figuras son as da nosa Señora do Rosario, San Xuan Bautista e San Antoniode Padua, no primeiro corpo do retablo e, no segundo, as de María Madalena e dous anxos nenos situados a ambos os dous lados e portando os atributos da Santa: a cruz e a caveira.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
https://www.alaracha.gal/turismo/gl/list/30/igrexa-de-santa-maria-madalena/
A propósito del retablo mayor de la Magdalena de Montemaior (1773): Algunas esculturas inéditas de José Ferreiro Suárez
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LARACHA/documents/0199CA002.PDF (páxina 4)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.1960957484Lonxitude: -8.54176282883
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84