Outra fotografía:

Tipo de ben: Asentamento,
Concello: Fornelos de Montes
Parroquia: As Estacas (Santa María)
Lugar:
Outra denominación do ben: A vila dos mortos
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

O que podemos ver neste lugar é un conxunto de 39 edificacións pétreas que semellan chozos. Foron descubertas no ano 2012 e postas en valor no 2018.
As estruturas están feitas con perpiaños e cachotería granítica, cunha pequena entrada que dá acceso ao seu interior, case todas orientadas ao leste.
Existen referencias bibliográficas do ano 1550 que xa falan deste lugar.
Esta “cidade” atópase ao carón da denominada Vía Mariana.
Polo de agora descoñécese o seu uso orixinal.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA36019031
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:

Existe unha lenda que se repite en varias parroquias da contorna deste ben que fan referencia a unha cidade onde os máis maiores marchaban para morrer.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

https://www.galiciamaxica.eu/galicia/cidade-das-costas-do-alen/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3056621056
Lonxitude: -8.41808901366
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84