
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Xinzo de Limia
Parroquia: Morgade (San Tomé)
Lugar: Morgade
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Edificación do século XX feita sobre outra de época románica (da que se conservan algunhas partes) a base de perpiaño granítico, de planta rectangular coa sancristía (do ano 1671) acaroada nun dos muros laterais, e cuberta a dúas augas agás no presbiterio que é a catro augas. Podemos ver tamén pináculos de boóa nos extremos.
Na fachada principal, con pilastras laterais, destaca a porta de acceso con catro arquivoltas apuntados sobre columnas que rematan en capiteis con motivos vexetais. As arquivoltas aparecen decoradas con moldura en bocel e motivos xeométricos.
Por riba da porta principal vemos unha fiestra rectangular con arco conopial. O conxunto remata cunha torre campanario do ano 1927 que substitúe a outra anterior do ano 1817. Na actual destacan os pináculos nos extremos e a súa cuberta graduada.
Outro elemento que destaca nesta igrexa é a súa porta lateral, con arco de medio punto e un fermoso tímpano cunha roseta de sete brazos.
A maior remodelación desta igrexa realízase a principios do século XX e rematan no ano 1927.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
No interior da igrexa gárdase a imaxe barroca de San Tomé.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/XINZODELIMIA/documents/0514CA008.PDF (Ficha R.17 – Páxina 1)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/OURPA006.PDF (Páxina 8)
http://www.altalimia.org/pdf/090143.pdf
http://www.romanicodigital.com/detalle-Pdf.aspx?archivo=Morgade&localidad=OURENSE
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.0773122921Lonxitude: -7.69711394007
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
Oscar Franco says:
Nov 29, 2019
Pía bautismal situada no exterior da igrexa, e posiblemente de época medieval.
Oscar Franco says:
Nov 29, 2019
Detalle dos capiteis da porta principal.