Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Xinzo de Limia
Parroquia: Morgade (San Tomé)
Lugar: Morgade
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Cruceiro do ano 1910 que nace sobre un pequeno rochedo e consta de chanzos 4 de sección cadrada, os tres superiores coas arestas redondeadas.
A súa base moldurada dá paso a un varal de sección octogonal con acanaladuras. Na parte inferior destaca unha caveira con dúas tibias cruzadas e debaixo a data da súa factura.
A continuación o capitel cadrado con volutas e anxos con ás nas catro caras.
O conxunto remata cunha cruz cos remates dos brazos en forma de flor de lís. Nela aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe sobre unha peaña con forma de anxo no reverso.
Ao carón do cruceiro vemos unha mesa a xeito de repousadoiro.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/XINZODELIMIA/documents/0514CA008.PDF (Ficha CR.12 -Páxina 2)
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/320321101.html
http://www.altalimia.org/pdf/090138.pdf
ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_es.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.0776616012Lonxitude: -7.69728111272
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84