
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Trasmiras
Parroquia: Escornabois (Santa María)
Lugar: Escornabois
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Cruceiro que nace sobre tres chanzos de sección cadrada. A súa base cúbica de arestas superiores presenta unha inscrición pouco lexible na que aparecía o ano da súa feitura: “1763”.
O varal, que nace en sección cadrada e segue en octogonal, presenta elementos da Paixón.
O capitel cadrado con volutas dá paso a unha cruz de sección hexagonal e remates dos brazos en puntas abertas con forma de flor. Nela aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe Dolorosa sobre peaña con forma de cabeza de anxo no reverso.
Ao carón do cruceiro podemos ver un peto de ánimas : (http://patrimoniogalego.net/index.php/103696/2019/12/peto-de-animas-de-escornabois/) conformando un fermoso conxunto.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: 40045634
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACE WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/TRASMIRAS/documents/28151ca003.PDF (Ficha 404 – Páxina 8)
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/320820301.html
http://www.altalimia.org/pdf/070025.pdf
BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Cruces, cruceiros e petos do concello de Trasmiras. Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE). 2010.
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Ourense. Ed. IR INDO, 1998
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Cruces e cruceiros de ánimas de Galicia. Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE). 1997.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.0418281703Lonxitude: -7.5892405116
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84