
Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Trasmiras
Parroquia: Escornabois (Santa María)
Lugar: Escornabois
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Peto de ánimas formado por un bloque granítico con forma de pilastra. Na parte superior vemos un bloque granítico de menor tamaño no que aparece unha fornela con arco de medio punto e moldura que acolle dúas ánimas entre as lapas do Purgatorio. Este conxunto remata cun tellado a dúas augas que posúe un pequeno burato, posiblemente para aloxar unha pequena cruz hoxe desaparecida.
No bloque granítico inferior podemos ver o caixón para as esmolas.
Ao carón do peto de ánimas podemos ver un cruceiro (http://patrimoniogalego.net/index.php/103692/2019/12/cruceiro-de-escornabois/) conformando un fermoso conxunto.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: 40045660
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACE WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/TRASMIRAS/documents/28151ca003.PDF Ficha 416 – Páxina 9)
http://www.altalimia.org/pdf/070026.pdf
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/320820301.html
BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Cruces, cruceiros e petos do concello de Trasmiras. Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE). 2010.
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Ourense. Ed. IR INDO, 1998
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Cruces e cruceiros de ánimas de Galicia. Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE). 1997.
BARRIOCANAL LÓPEZ, Yolanda. (1985). Arte popular. Los petos de ánimas. Boletín Auriense, anexo 3. Museo arqueolóxico provincial de Ourense – Grupo “Marcelo Macías”
ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.0418340995Lonxitude: -7.58926597272
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84