Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Negreira
Parroquia: Liñaio (San Martiño)
Lugar: Liñaio
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Edificación relixiosa feita en perpiaño granítico labrado e escuadrado, de planta rectangular e cuberta a dúas augas, agás no prebiterio que é a catro augas. Pináculos nos esquinais.
A súa fachada principal, do século XVIII, presenta porta de acceso enmarcada, fornela coa imaxe do patrón e fiestra rectangular con derrame interno. O conxunto remata cunha espadana de dous ocos con remate en cruz pétrea.
No interior da igrexa destaca a cuberta do presbiterio con bóveda de crucería e estrelado por terceles rectos, con catro puntas e nervios de sección mistilínea.
No seu retablo maior, feito en pedra, destacan as imaxes de dous San Martiños: O Papa e o Bispo acompañados de outras tallas e elementos decorativos en granito policromados de estilo renacentista.
Ao carón da igrexa podemos ver a reitoral (http://patrimoniogalego.net/index.php/103736/2019/12/reitoral-de-san-martino-de-linaio/) e un cruceiro de recente factura (http://patrimoniogalego.net/index.php/103740/2019/12/cruceiro-de-linaio/).
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/NEGREIRA/documents/0245CA004.PDF (Páxina 22)
http://www.concellodenegreira.gal/index.php/gl/turismo/que-ver/patrimonio?id=146
https://necomtur.webnode.es/iglesia-de-linaio/
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8750820268Lonxitude: -8.78985617202
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84