Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Negreira
Parroquia: Liñaio (San Martiño)
Lugar: Liñaio
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cruceiro de recente factura que nace sobre catro chanzos de sección cadrada. A súa base cúbica con escocia dá paso a un varal de sección cadrada coas arestas rebaixadas. Na súa parte media podemos ver unha imaxe de Santiago Apóstolo con caxato e sobre unha peaña.
O capitel, decorado con motivos vexetais, volutas e rostros de anxos nos catro lados, soporta a cruz de sección cadrada coas arestas rebaixadas e remates florenzados. Nela aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe no reverso.

Este cruceiro atópase ao carón da igrexa parroquial (http://patrimoniogalego.net/index.php/103731/2019/12/igrexa-parroquial-de-san-martino-de-linaio/) e a reitoral (http://patrimoniogalego.net/index.php/103736/2019/12/reitoral-de-san-martino-de-linaio/), conformando un fermoso conxunto.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/NEGREIRA/documents/0245CA004.PDF (Páxina 22)
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/150561101.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.875004391
Lonxitude: -8.79027269876
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84