Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro, Petos de ánimas,
Concello: O Carballiño
Parroquia: Partovia (Santiago)
Lugar: Varille
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de ánimas que nace sobre tres chanzos de sección cadrada. Sobre ela unha base cúbica con decoración nas súas catro caras:
* dúas ánimas en oración xunto a un sol, unha lúa e seis estrelas. Pola parte inferior vemos o caixón para as esmolas.
* unha lenda de difícil lectura pola súa erosión.
* unha caveira sobre tibias cruzadas
* un animal que semella un lagarto.
O varal, de sección cilíndrica, posúe unha imaxe que Estanislao Fernández de la Cigoña asocia a San Francisco ou a Santo Antonio. Tamén vemos elementos da Paixón como unha escada e unhas tenaces.
O capitel, decorado con follas e cabezas de anxos nos catro lados, da paso a unha cruz de arestas rebaixadas e remates florenzados. Nela aparecen as imaxes de Cristo crucificado no anverso e a Virxe co Neno no colo no reverso.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/OCARBALLINO/documents/0429CA004.PDF (páxina 2)
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/320191102.html

BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Ourense. Ed. IR INDO, 1998
BARRIOCANAL LÓPEZ, Yolanda. (1985). Arte popular. Los petos de ánimas. Boletín Auriense, anexo 3. Museo arqueolóxico provincial de Ourense – Grupo “Marcelo Macías”
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. (2008). CRUCES, CRUCEIROS E PETOS DO CONCELLO DO CARBALLIÑO. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4016859451
Lonxitude: -8.07259383828
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84