Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro, Petos de ánimas,
Concello: O Carballiño
Parroquia: Señorín (San Roque)
Lugar: Señorín
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro que nace sobre tres chanzos de sección cadrada. A súa base cúbica de arestas rebaixadas presenta un retablo pétreo con dúas ánimas e un caixón para as esmolas. Existe tamén unha pequena lenda: “UHP” escritas en vertical, e “ANIMAS”.
Noutras das caras da base podemos ver unha imaxe que Estanislao Fernández de la Cigoña relaciona co San Antón.
O varal comeza en sección cadrada coas aresta rebaixadas e continúa en sección cilíindrica con acanaladuras. Na súa parte media podemos ver unha serie de elementos da Paixón como unha serpe, un martelo, unha escada, unhas tenaces e dúas máns.
O capitel aparece decorado con volutas, motivos vexetais, cabeciñas de anxos en tres das súas caras, e unha caveira na última.
O conxunto remata cunha cruz coa imaxe de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe en oración no reverso.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACE WEB
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/320191501.html
BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Ourense. Ed. IR INDO, 1998
BARRIOCANAL LÓPEZ, Yolanda. (1985). Arte popular. Los petos de ánimas. Boletín Auriense, anexo 3. Museo arqueolóxico provincial de Ourense – Grupo “Marcelo Macías”
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. (2008). CRUCES, CRUCEIROS E PETOS DO CONCELLO DO CARBALLIÑO. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.4220345672Lonxitude: -8.070826536
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84