Outra fotografía:

Tipo de ben: Asentamento,
Concello: A Coruña (comarca) / Abegondo
Parroquia: Sarandóns
Lugar: Cruz de Beira
Outra denominación do ben: Cruz da Beira - Monte dos Matos
Cronoloxía: Época Altomedieval, Época Baixomedieval,
Descrición:

O Asentamento atópase á beira da estrada AC-222, entre Beira e Montouto, cruzándose co Camiño de Santiago no PK 47,367. Indícase a continuación a descripción que figura no PXOM do Concello de Abegondo:
– Descripción: Por mor da vexetación que actualmente cubre o xacemento non se puido observar a súa morfoloxía. Segundo a Ficha do Inventario trataríase “dun conxunto de estruturas concéntricas que defenden un pequeno recinto interior de forma rectangular. Obsérvanse dúas liñas de muralla separadas por un foxo… Pero que en orixe debía ser máis completo, cun segundo foxo e un parapeto máis exteriores. O acceso orixinal debeu estar ó norte, en relación coa actual estrada”.
– Alteracións Observadas: Este xacemento foi parcialmente destruído pola construción/ampliación da estrada e pola construción dunha pequena zona recreativa. Recentemente tamén se construíu unha vivenda na zona nororiental do xacemento.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: ForestalEquipamento
Código no Catálogo da Xunta: GA15001020
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– PXOM Concello de Abegondo. 2012. Catálogo de Protección Arqueoloxica. Tomo IX.a. XA-31. (Pax 80-81 do PDF)
http://www.abegondo.gal/fileadmin/user_upload/documentos/PXOM/PXOM12/09_Tomo_IX_a_AR_catalogo_de_proteccion_arqueoloxicafdo.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2026466898
Lonxitude: -8.34536101279
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84