Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: A Coruña (comarca) / Abegondo
Parroquia: Vilacoba
Lugar: San Paio
Outra denominación do ben: Igrexa vella de San Paio
Cronoloxía: Época Romana, Época Altomedieval,
Descrición:
A igrexa santuario atópase ó pé do Camiño Inglés de Santiago, completando o conxunto cun cruceiro situado ó carón. Atópase na actualidade en estado de abandono, trasladándose os oficios relixiosos a outra igrexa de máis recente construción, moi próxima, tamén chamada o Santuario de San Paio Vilacoba.
A igrexa é de planta rectangular e dunha soa nave con presbiterio diferenciado en planta e alzado, con cuberta de fibrocemento a dúas augas e contrafortes no exterior. Nave con cuberta a dúas augas. Os muros son de cachotería revocada e pintada con esquinais e formación de ocos en cantería. A sancristía disponse ó lado norte da cabeceira.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: ACH-15001002
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Para celebraro día de San Paio durante o primeiro domingo de xullo celébrase a Romaría das Cereixas, produto habitual nas hortas da comarca, algunha referencia pode atoparse nos seguintes enlaces:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2007/07/01/vilacoba-despacho-cientos-kilos-cerezas-romeria/0003_5947659.htm
https://www.laopinioncoruna.es/coruna/2008/07/02/vilacoba-celebra-tradicional-romaria-das-cereixas/203005.html
Historia recente do ben:
A Consellería de Cultura está a crear o Roteiro dos Amilladoiros de Vilacoba e outras localizacións no Concello de Abegondo, co pulo de recuperalo entorno do Santuario: (https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/abegondo/2019/05/26/respaldo-xunta-ruta-dos-amilladoiros-abegondo/0003_201905H26C9992.htm).
Referencias bibliográficas:
“PXOM Concello de Abegondo. 2012. Catálogo de Protección Arqueoloxica. Tomo IX.b” (http://www.abegondo.gal/fileadmin/user_upload/documentos/PXOM/PXOM12/09 (páxinas 250-251)
“Cruceiros na provincia da Coruña. Vol. I”, Deputación provincial da Coruña (páxina 9).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.17202939956Lonxitude: -8.2864670936325
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84