Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: A Coruña (comarca) / Abegondo
Parroquia: Sarandós (Santa María)
Lugar: A Calle
Outra denominación do ben: Casa de Filipe II
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Indícase de seguido a descrición que figura no PXOM do Concello de Abegondo:

– Descrición: A casa de Filipe II, tamén denominada Pazo de Barral, foi construída na primeira metade do século XVI. Situado ao borde da estrada, forma parte dunha ringleira de vivendas con patio posterior, no centro dun pequeno núcleo rural.
Edificio de planta rectangular, con muros de cachotería e placas de granito. A cuberta é de fibrocemento.
A fachada principal é, no aspecto decorativo a máis salientable. Posúe tres portas de entrada, as laterais con arcos rebaixados, a central rodeada por unha decoración de bólas. As fiestras simulan arcos conopiais e rematan en linteis decorados. Existe unha gran simetría na disposición dos ocos.
Nesta fachada, atópanse dous escudos entre os ocos das fiestras, ambos con franxa superior decorada con formas vexetais.
Un dos escudos é o da familia de D. Fernando González de Barral e Soutomaior e a Dona Catarina Sánchez de Boado, quen posuíu a finca. O outro é un escudo da realeza española, ao que non lle falla o cáliz heráldico do Reino de Galicia, que indica o paso de Filipe II , que estivo nesa casa camiño da Coruña no 1554, polo que popularmente, tamén se coñece polo nome de “Casa de Filipe II”.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta: RI.000039044
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– PXOM Concello de Abegondo. 2012. Catálogo de Protección Arquitectónica. Tomo IX.b. AQ-1602/AC-1602. (Pax 2018-219 do PDF)
http://www.abegondo.gal/fileadmin/user_upload/documentos/PXOM/PXOM12/09_Tomo_%20IX_b_AQ_catalogo_de_proteccion_arquitectonicafdo.pdf.

http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.222591260301
Lonxitude: -8.335187591395
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84