Outra fotografía:
Tipo de ben: Fonte,
Concello: A Coruña (comarca) / Abegondo
Parroquia: Sarandós
Lugar: Fontán
Outra denominación do ben: Fonte da Santa
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
A fonte ubícase aos pés da Igrexa parroquial de Santa María de Sarandós, situada na parte baixa á beira da estrada, próxima ó Regato da Xeixadiña que discurre a uns metros ó carón. Unhas amplas escadas comunican o nivel inferior co superior do adro da igrexa, no medio das cales figura unha placa coa seguinte lenda: “ESTA ESCALERA FUE HECHA / DE PIZARRA EL AÑO D 1852, SIENDO PARROCO / EL L.D. MANUEL PORTO REEDIFICADA Y /PASOS EN CANTERIA, EN 1897, SIENDO / PARROCO D. JOSE MALLO COSTA”.
Á fonte atribúenselle propiedades curativas, con probabilidade e como é moi habitual asociada a tradicións pagáns de culto ás augas que posteriormente foi asociado á Virxe dos Remedios, de virtudes miragreiras, polo cal coñécese tamen como a “Fonte da Santa”. A romería dos Remedios celébrase o cuarto domingo do mes de setembro.
Polo que respecta á súa execución, a fonte está revestida con morteiro de cemento, non é posible apreciar se a súa estrutura é de pedra, pero pola súa constitución recente semella estar executada en formigón. Na súa forma é unha construción sinxela, pintada en cor branco que consta dun único cano de auga na súa parte inferior, rematándose nun frontón de forma triangular, decorada cun sinxelo encintado en cor ocre e unha fornela onde se sitúa a figura da virxe.
A fonte sufriu algunha lene modificación que é posible observar comparando as fotografías do artigo (tomadas no ano 2018) e as da páxina web http://rochacarro.blogspot.com/2013/05/sarandons-abegondo-capela-de-san-xoan.html.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
“PXOM Concello de Abegondo. 2012. Catálogo de Protección Arquitectónica. Tomo IX.b” http://www.abegondo.gal/fileadmin/user_upload/documentos/PXOM/PXOM12/09_Tomo_%20IX_b_AQ_catalogo_de_proteccion_arquitectonicafdo.pdf
http://rochacarro.blogspot.com/2013/05/sarandons-abegondo-capela-de-san-xoan.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.220278132332Lonxitude: -8.3234480039634
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84