Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Laracha
Parroquia: Cabo-Vilaño (San Román)
Lugar: Adro-cemiterio da igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de dous chanzos e pedestal cúbico cunha mesa acaroada. O varal é octogonal comezando e rematando en cadrado. O capitel é cuadrangular moldurado que soporta unha cruz circular, leñosa con nós. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, mans abertas e pé dereito sobre o esquerdo.Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e un motivo circular detrás da súa cabeza, no alto da estípite. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. No reverso da cruz fica a Inmaculada coas mans xuntas sobre unha peaña dun anxo con ás e coa lúa ós seus pés. O cruceiro é todo de granito cunha mala conservación.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na Provincia da Coruña”. Volume II. Deputación Provincial da Coruña, 1999.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LARACHA/documents/0199CA003.PDF (Páx. 1).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.247394334046Lonxitude: -8.6101414627931
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84