Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: A Laracha
Parroquia: Cabo-Vilaño (San Román)
Lugar: Cabo-Vilaño
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Esta igrexa presenta planta de salón, con nave rectangular, ábsida e sancristía. A cuberta está resolta a dúas augas, cunha cubrición de tella curva do país, asentándose sobre unha estrutura de bóveda de canón rebaixada, soportada por muros de carga de mampostería, reforzados con tres arcos faixóns. Nos muros laterais ten varias xanelas abucinadas e enmarcadas con perpiaño.
A fachada principal, de cantería irregular, destaca pola súa sobriedade. Segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta rematada en arco de medio punto de grandes doelas. Sobre o ingreso vai unha longa seteira abucinada e rompendo o vértice do pentagono, unha base para unha espadana de dous corpos. O primeiro corpo formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares e serven para aloxa-las campás. O segundo corpo, un frontón triangular cun oco dun arco de medio punto, flanqueado por dous pináculos con bóla e coroado por un acroterio cunha cruz de pedra.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Cabana, Carballo, Coristanco, Laracha, Laxe, Malpica e Ponteceso”. VVolume V. Deputación Provincial da Coruña, 1998.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LARACHA/documents/0199CA002.PDF (Páx.15).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.247486910316Lonxitude: -8.610346095683
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84