Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Mesía / Ordes (comarca)
Parroquia: Bruma (San Lourenzo)
Lugar: Hospital
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Indícase de seguido a descrición que figura no PXOM do Concello de Mesía:
– Descrición: Igrexa parroquial, probablemente do século XVI, pero con arranxos posteriores nos séculos XVIII, XIX e XX. Conxunto de interese etnográfico con casas á dereita e á esquerda facendo un rueiro que remata no antigo hospital. A igrexa ten planta rectangular. Fábrica de cantería regular nos vans de granito e no resto dos muros é de cachotería. O arco triunfal está cegado e o presbiterio carece de cuberta e os seus muros están parcialmente arruinados. Ten espadana do mesmo material que os muros. Diante castiñeiros.
Aparece citada na viaxe de Filipe II. Foi capela do Hospital de Peregrinos, e atópase ao pé do Camiño de Santiago.
O seu estado de conservación é de abandono, tanto do elemento en si como do ámbito, como así o indica as ruínas pegadas á parte posterior da igrexa.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000008039
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– PXOM Concello de Mesía. Catálogo de Protección Arquitectónica. AR-05. (Pax 5 do PDF)
http://www.concellodemesia.gal/sites/default/files/custom/concello/urbanismo/pxom1/catalogos/arquitectura_relixiosa.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.15036399904Lonxitude: -8.363476395607
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84