Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida, Igrexa,
Concello: A Laracha
Parroquia: Torás (Santa María)
Lugar: Torre de Cillobre
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Esta capela de pequenas dimensións pertenceu á Torre de Cillobre. Consta dunha planta de salón, unha nave única e unha ábsida rectangular. A cuberta está resolta a dúas augas con cubrición de tella curva do país. Os muros están formados por pedra de cantería e cachotería de gran tamaño.
Na fachada destaca a porta central, cun arco de medio punto formado por grosas doelas de cantería. Este é o único oco que rompe a sobriedade xunto coas tres pequenas troneiras situadas na cabeceira. No vértice da fachada sitúase o campanil dun oco cunha campá de 1847.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Cada 16 de agosto, durante as festas patronais da Laracha, é tradicional a saída en procesión das imaxes de San Roque e San Antón dende a Igrexa parroquial de Santa María de Torás ata a capela, onde se oficia unha misa.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LARACHA/documents/0199CA002.PDF (Páx.12).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.246721459618
Lonxitude: -8.5751227111469
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84