Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: A Laracha
Parroquia: Lemaio (Santa Mariña)
Lugar: O Grixario
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval, Século XX,
Descrición:

Estamos ante unha igrexa rural con planta de salón, dunha soa nave con cabeceira de planta rectangular, presbiterio e sancristía, de orixe románica. A cuberta está resolta a dúas augas, con cubrición de fibrocemento, estrutúrase por medio dunha bóveda de canón rebaixado que se apoia nos muros de carga de mampostería. Están reforzados por dous contrafortes, coincidentes co arco de medio punto interior que separa o presbiterio da nave. Interiormente, a igrexa está precedida por un vestíbulo sobre o que se encontra o coro, ó que se accede por unha escaleira de caracol situada na parte dereita da mesma, que tamén conduce á espadana. Ó pé da escaleira sitúase unha pía de auga bendita, formada por dous capiteis prerrománicos.
A fachada principal, está construída con cantería irregular, de traza sinxela, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta principal de acceso rectangular alintelada. Sobre o ingreso vai unha xanela rectangular abucinada que dá luz ó coro. Rompendo o vértice do pentágono, unha base para unha espadana de dous corpos, o primeiro formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares e que serven pra aloxa-las campás. O segundo un frontón triangular curvo cun oco circular no medio, flanqueado por dous pináculos piramidais e coroa o conxunto outro pináculo piramidal cunha veleta e unha cruz de forxa.
Como noutras igrexas do rural galego,aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Cabana, Carballo, Coristanco, Laracha, Laxe, Malpica e Ponteceso”. VVolume V. Deputación Provincial da Coruña, 1998.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LARACHA/documents/0199CA002.PDF (Páx.16).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude:
Lonxitude:
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84