Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Boimorto
Parroquia: Santa María dos Ánxeles
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:
Probablemente a sua orixe remontase á segunda mitade do século XII. É una igrexa reedificada que conserva restos románicos, entre eles o arco de ingreso o presbiterio. A planta é dunha nave co presbiterio destacado. A nave e a ábsida son rectangulares. Os muros son de cadeirado de granito e de cachotaría revocada. No presbiterio hai un arco triunfal de medio punto, dobrado sobre columnas curtas de capitel esquematizado e cunha base de grampas. A fachada presenta porta alintelada e unha pequena fornela, onde se atopa unha imaxe da Virxe. A espadana campanario é de tres vans, rematada en triángulo con pináculos nos extremos e cruz no vértice central.
Como curiosidade, sinalar que na Idade Media ós motivos estéticos e as denominacións ofensivas, foron causa de que catro parroquias galegas (Malos, Perros e Cas) perdesen os seu antigo nome e pasasen a denominarse Os Ánxeles, defendéndose a hipótese de que foi promovido polos bispos das respectivas dióceses, movidos polo espírito reformador da administración eclesiástica xurdido tralo concilio tridentino.
Este é o caso desta parroquia de Santa María dos Ánxeles, que recibiu este nome no século XVI para evitar o Perros co que ata entón se coñecía e que foi substituído polo feito de coincidir co que se lles daba en afronta e desprezo especialmente a mouros e xudeus. Neste caso nos advirte Madoz da antiga denominación, xa documentada no ano 966 nos tombos do mosteiro de Sobrado dos Monxes: “…Sancto Laurentio et inde quomodo se diuidit de Dormiana et de Perros et de Linerio cum Toldanos et Uultureira et Monasteriolo et Barciloni…” (Loscertales 1976: 32).
O Santa María de Perros de Boimorto figura con este nome en documentos do Arquivo Histórico da Universidade de Santiago datados nos anos 1525, 1548, 1562 e 1565; o máis antigo en que aparece xa convertido en Santa María de los Ángeles atopouse no Arquivo da Catedral de Santiago en documento do ano 1574.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BOIMORTO/documents/26032CA004.PDF
https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/5858/igrexa-parroquial-de-santa-maria-dos-anxeles?langId=gl_ES&ctre=31&tp=8#
http://www.usc.es/revistas/index.php/elg/article/download/1717/2001
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.00935412352Lonxitude: -8.0987936559334
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84