Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Presqueira (San Martiño)
Lugar: Presqueira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida, Idade do Bronce,
Descrición:

Os Petróglifos de San Vitoiro sitúanse a carón da capela do mesmo nome. A súa maior parte están situados na laxe que está debaixo do penedo onde posteriormente esculpiron un anxo e puxeron un cruceiro, que se supón que sería para cristianizar a zona. Na segunda foto pódese ver a sombra de ese penedo sobre un dos círculos concéntricos, a falta de un par de días para o solsticio de verán. Polo outro lado da estrada de Molgas a Presqueira, a uns 50 m. dos anteriores atopamos outros círculos (foto 1). Suponse que nesta zona podían existir máis, pero por aquí tivo lugar a extracción de pedra para facer o Santuario dos Milagres no século XVIII.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Preto del están as obras do AVE, e tantos camións como outro tipo de máquinas, pasan tódolos días derredor deles sen ter moito coidado. Algún veciño incluso puxo algunha cinta cortando o paso, pero non fan moito caso.


Onde está localizado

Latitude: 42.2257965803
Lonxitude: -7.68727004528
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84