Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: A Laracha
Parroquia: Torás (Santa María)
Lugar: Torás
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XIX,
Descrición:
Esta igrexa presenta unha planta de salón cunha única nave rectangular e unha ábsida. Os muros son de carga de cachotería, empregando pezas de cantería para defini-los esquinais e para enmarca-los ocos ocos das xanelas e das portas. Conta con dúas portas de acceso: unha na fachada principal e outra no muro meridional. A cuberta é a dúas augas con estrutura de cimbras de madeira e con cubrición de tella curva do país.
A fachada principal foi construida en 1876 polo mestre Manuel Rosende. De traza sinxela, está construída cunha mistura de cachotería e cantería. Segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta principal de acceso rectangular alintelada e cunha decoración moldurada. Sobre o ingreso vai unha fornela e unha xanela rectangular abucinada que dá luz ó coro. Rompendo o vértice do pentágono, unha base para unha espadana de dous corpos, o primeiro formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares moldurados e que servían pra aloxa-las campás. O segundo un frontón triangular curvilíneo cun pequeno arco de medio punto no medio, flanqueado por dous pináculos piramidais coroando o conxunto outro pináculo piramidal cunha cruz de forxa. Esta igrexa non ten campás porque no 1968, cando se fixo a igrexa nova de Santa María de Torás; máis perto da Laracha, leváronas para alí deixando a Santa María de Torás vella sen as súas campás.
Como noutras igrexas do rural galego,aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Cabana, Carballo, Coristanco, Laracha, Laxe, Malpica e Ponteceso”. VVolume V. Deputación Provincial da Coruña, 1998.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LARACHA/documents/0199CA002.PDF (Páx. 10).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.253843049543Lonxitude: -8.5854543768966
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84