
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: A Laracha
Parroquia: Torás (Santa María)
Lugar: Av. de Caión, A Laracha
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Santa María de Torás a nova, foi consagrada o 11 de abril de 1968. As súas campás proceden da igrexa vella de Santa María, quedando esta sen campás. Este edificio presenta planta de salón cunha única ampla nave rectangular. Construída enteiramente de formigón, destacan catro grandes contrafortes en cada dos muros laterais, o que lle dá un aspecto sobrio. A cuberta está resolta a dúas augas.
A fachada destaca pola súa porta oxival e, sobre esta un gran rosetón. Coroa esta fachada unha espadana de dous corpos, o primeiro formado por tres arcos de medio punto onde as campás están situadas nos estremos, deixando o oco central baleiro. O segundo corpo un pequeno frontón semicircular flanqueado por dous pináculos piramidais e coroando o conxunto unha gran cruz.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LARACHA/documents/0199CA002.PDF (Páx. 11).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.249569135571Lonxitude: -8.5828143659248
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84