Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Laracha
Parroquia: Torás (Santa María)
Lugar: Adro da igrexa nova
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XXI,
Descrición:
Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cúbico cun pequeno chafrán. O varal é cuadrangular tamén cun pequeno chafrán. O capitel é cuadrangular moldurado cun cuarto bocel e mediacana. A súa cruz é cuadrangular cos brazos en chafrán e polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, mans pechadas e pé esquerdo sobre o dereito. Cabeza ergueita cunha coroa de espiñas. O seu pano de pureza vai anoado á esquerda. Polo reverso da cruz fica a Inmaculada enriba dun pedestal con forma de vieira e agarrando o seu manto coas mans. O cruceiro é todo de granito cun moi bo estado de conservación.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LARACHA/documents/0199CA003.PDF (Páx. 25).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.249708573918Lonxitude: -8.582613470538
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84