Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Carral
Parroquia: Sergude (San Xián)
Lugar: Sergude
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cruceiro situado no desvío que conduce cara á igrexa de San Xiao, construído a base de pedra granítica, sendo o fuste mailo cruceiro de recente feitura probablemente de formigón; completa o conxunto unha mesa de recente factura en pedra granítica gris. O cruceiro arranca sobre unha base de tres chanzos de sección cadrada, e un dado sobre o que arranca o fuste cuadrangular con decoración nas súas catro caras de espigas vexetais en forneliñas nun cor máis clara. No seu remate superior a cruz con imaxes en ámbolos dous lados de Cristo crucificado e a Virxe; as imaxes presentan algúns danos nos brazos.

O cruceiro de factura moderna probablemente sustitúe a outro anterior do que non se acadou máis información, manténdose a base de pedra granítica máis antiga.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.246336323135
Lonxitude: -8.3398503852949
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84