
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Laracha
Parroquia: Caión (Santa María do Socorro)
Lugar: Santuario dos Milagres
Outra denominación do ben: Cruceiro dos Milagres
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro de tipo De Cruz” con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cuadrangular con chafráns. O varal é octogonal comezando e rematando en cadrado. Ten un capitel cuadrangular moldurado con cuarto bocel e mediacana. A súa cruz é octogonal con remates florenzados. No centro da cruz presenta unha coroa de espiñas e no alto da stipites un pergamiño coas siglas INRI. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volume II. Deputación provincial da Coruña, 1999.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LARACHA/documents/0199CA003.PDF (Páx. 2).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.310797689416Lonxitude: -8.6065092070116
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84