Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Terra de Soneira (comarca) / Vimianzo
Parroquia: Salto (Santa María)
Lugar: Santa Irena
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A ermida de Santa Helena sitúase á beira das augas do río Grande, de camiño a Señoráns. O lugar da súa construción non é casual: está situado nun lugar de mala pasaxe que xunta tres elementos de perigo: unha encrucillada de camiños, unha ponte e un río perigoso nas épocas de enchenta. De feito, no 1987 o Grande tirou coa vella ponte de pedra e tívose que construír unha nova de formigón.

Trátase dun templo bastante sinxelo, dunha soa nave con presbiterio rectangular. Cúbrese a dúas augas cun único tellado e sobre cada trabe cumieira hai unha cruz de pedra. Os muros son de cachotería irregular de granito, agás a fachada que é de cantería. Na parte central da fachada orientada ó oeste ábrese a porta do templo, rematada nun arco de medio punto moi rebaixado.

Non se sabe cando foi a súa construción, pero polas súas características e semellanzas con outras da parroquia, estímase que foi levantada no século XVIII. A primeira referencia documental atopámola no 1741 nunha visita pastoral. Hoxe só se realizan misas no seu interior o día da patrona e nin sequera está dentro a súa imaxe.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

LEMA SUÁREZ, X. Mª e outros: «Terra de Soneira, no corazón da Costa da Morte». Xerais, Vigo 2010.

LEMA SUÁREZ, X. Mª: «A arte relixiosa na Terra de Soneira». Coordenadas/Neria/U.dos V., Santiago 1998.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.14573982036648
Lonxitude: -8.995453119277954
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84