Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Trazo
Parroquia: Benza (San Pedro)
Lugar: Benza
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Trátase dunha igrexa de orixe románica pero remodelada con posterioridade, compartindo características propias doutros estilos, como o barroco, feito habitual en moitas igrexas rurais. A fachada, de tipoloxía barroca, que posúe unha gran similitude coa da Igrexa de Santa María de Trazo, segue o esquema compositivo tradicional.
Presenta unha planta rectangular coa capela maior diferenciada ao ser máis estreita e máis baixa, seguindo un eixo de simetría que se ve truncado polo engadido posterior dun espazo dedicado á sancristía, nun lateral da cabeceira.
Posúe partes construídas en cachotería e outras en cantería, probablemente por mor desas remodelacións posteriores á súa construción inicial.
No exterior, e sobre todo na parte do testeiro, aínda se conservan algúns elementos románicos, como unha fiestra cun arco de medio punto sostidos por columnas, modillóns, canzorros ou contrafortes.
O interior tamén é de grande interese, co presbiterio separado da nave por medio dun grande arco triunfal apuntado, sostido por dúas grandes columnas con capitel corintio esquematizado apegadas ao muro.
Nun deses capiteis vese a inscrición S. XII. Detrás do altar maior sitúase un gran retablo barroco. Nos muros laterais da nave ábrense arcos que albergan pequenos retablos de madeira.
Ao fondo da nave sitúase unha antígua e curiosa pía bautismal. Forma, como é frecuente, conxunto co camposanto.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/TRAZO/documents/28088ca001.PDF
https://www.mancomunidadeordes.gal/turismo/trazo-7698/arquitectura-relixiosa-1898/igrexa-e-cruceiro-de-san-pedro-de-benza-1619.html

IGREXA PARROQUIAL DE SAN PEDRO DE BENZA


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.021360302841
Lonxitude: -8.5952195826187
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84