Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Oleiros
Parroquia: Oleiros (Santa María)
Lugar: Cemiterio
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de tres chanzos, con chafrán e con voo. O pedestal é cuadrangular e conta cunha mesa exenta. O varal é octogonal comezando e rematando en cadrado. Ten un capitel cuadrangular moldurado que soporta unha cruz rectangular cos brazos achafranados e remates de forma potenzada. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, mans abertas e pé dereito sobre o esquerdo. Ten a cabeza ergueita cunha coroa de espiñas. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar coas mans en cruz sobre o peito e sobre unha peaña con follas. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volume II. Deputación Provincial da Coruña, 1999.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OLEIROS/documents/27891ca005.PDF (Páx.4).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.337130172556Lonxitude: -8.3208318350063
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84