Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cambre
Parroquia: Brexo (San Paio)
Lugar: San Paio
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A igrexa sitúase á beira da estrada, formando co composanto un único conxunto relixioso; o camiño en costa está próximo ó cruceiro que o antecede na parta alta. O edificio desenvólvese con planta dunha soa nave con cuberta de tella a dúas augas construída en mampostería pobre, presentando elementos de cantería nas zonas estruturais das esquinas, ocos e elementos decorativos, manténdose o resto dos muros con revoco de cor blanca. O lintel da porta de acceso é plano sen decoración, sobre o que se sitúa unha pequena xanela que permite a entrada de luz ó interior. Nos laterais, dous pináculos graníticos rematados en bóla decoran o conxunto.
Sobre a cuberta una espadana de dous corpos, o primeiro formado por dous arcos de medio punto que aloxan as campás, flanqueado por dous pináculos piramidais. No segundo corpo disponse un sinxelo frontón triangular cun pequeno oco central e arco de medio punto, rematado en pináculo de pedra.
Na fachada principal atópanse dúas lousas de pedra coas seguintes inscricións na parte superior a máis recente pon : “IGLESIA PARROQUIAL / DE / SAN PELAYO DE BREJO / ESTA ES LA / CASA DE DIOS Y PUERTA DEL CIELO”. E na parte inferior: “DI LEXI DECOREM DOMUS[…] / ET LOCUM HAVITATIONIS GLORIAE TUAE[…] / SANCTUS HOC / SANCTIUS ILLE DOMINUS QUIMAI[…] / IN CELIBE FELIX ORATIE UT SIT[…] / ANNO DMNINIE 1847”.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000002589
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Normas Subsidiarias de Planeamento de Cambre. Catálogo. (páxina 12). http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/inventario.php?inv=1&idconcello=15017


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.269721846098
Lonxitude: -8.3173799514771
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84