Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Deza (comarca) / Vila de Cruces
Parroquia: Camanzo (San Salvador)
Lugar: Frieira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

O Concello de Vila de Cruces conserva un importante fondo artístico e monumental, diseminado por vilas e aldeas ou gardado en museos de Galicia. Este patrimonio está aparellado principalmente a construcións relixiosas (igrexas, mosteiros, capelas e cruceiros), que se erixiron en diversas épocas.

En Frieira, lugar da parroquia de Camanzo e onde é de obrigada visita o seu Mosteiro de San Salvador, podemos ver unha desas mostras patrimoniais.

Trátase dun Cruceiro relativamente moderno. A estrutura está protexida por un peche metálico bastante alto, asentado sobre o inferior dos tres chanzos que compoñen a súa plataforma, sobre a que se alza o pedestal moldurado e carente de decoración.

O fuste é de sección cuadrangular nos extremos e coas arestas rebaixadas no centro, onde se mostra unha imaxe sobre unha peana. Na parte superior do varal, esculpíronse unha cuncha de vieira e a cruz de Santiago, así como os símbolos da paixón (martelo e tenaces).

O capitel presenta forma tronco-piramidal invertida, con diferentes caras de anxos alados no centro e volutas nas esquinas. A cruz é de sección cuadrangular e arestas en chaflán, excepto nas esquinas. No anverso mostra a figura de Cristo crucificado con tres cravos, a cabeza lixeiramente inclinada cara á fronte e o pano de pureza anoado á dereita. Sobre el, a cartela sen inscrición.

Ao reverso, obsérvase a imaxe dunha dignidade episcopal, pois se acha tocado coa mitra. Coa man dereita suxeita un libro aberto e na esquerda un báculo.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB:
https://galiciapuebloapueblo.blogspot.com/2020/01/cruceiro-en-frieira-vila-de-cruces.html?spref=fb


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.793333633602
Lonxitude: -8.3314886990204
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84