Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Caldas (comarca) / Catoira
Parroquia: Catoira (San Miguel)
Lugar: Barral
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

“Os Migueliños” é unha casa rural cunha antigüidade de 300 anos, propiedade familiar, que foi pasando de xeración en xeración, ata os nosos días. Foi restaurada para convertela en aloxamento turístico no ano 2.003, conservando o mobiliario antigo, e a decoración personalizada.
No xardín consérvase un cruceiro típico galego, ergueito sobre unha plataforma con dous chanzos cuadrangulares. A base, tamén de forma cadrada, suxeita un fuste cuadrangular ata o centro e octogonal no tramo superior, onde podemos ver unha figura a el unida. O tímpano, con forma tronco-piramidal invertida, amosa unha cuncha en cada un dos seus lados.
No anverso descobre a figura de Cristo crucificado con tres cravos, a unha cruz de sección cadrada, excepto na parte central dos brazos, onde están rebaixadas as arestas. Presenta coroa de espiñas e pano de pureza anoado á esquerda. Á súa dereita, un personaxe de tamaño algo desproporcionado con respecto ao da figura central e subido a unhas escaleiras, ofrécelle para beber dun cáliz.

No reverso e sobre unha peana, vese á Virxe coas mans xuntas en actitude de orar e un gran rosario colgando delas.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB:
https://galiciapuebloapueblo.blogspot.com/2020/01/cruceiro-dos-miguelinos-catoira.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.665943375631
Lonxitude: -8.7197688901781
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84