Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Boiro
Parroquia: Boiro (Santa Baia)
Lugar: Ponte Goiáns
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro que nace sobre dous chanzos de sección cadrada. A súa base cúbica presenta as arestas superiores rebaixadas e nunha das súas caras podemos ver unha lenda co ano da súa feitura.
O varal, de sección cadrada coas arestas rebaixadas, da paso a un capitel sinxelo decorado con rostros de anxos nos catro lados.
O conxunto remata cunha cruz de sección cadrada, coas arestas rebaixadas e os remates dos brazos florenzados. Nela aparecen as imaxes de Cristo crucificado no anverso, e a Virxe sobre peaña e co Neno no colo no reverso. Pola parte superior aparecen dous anxos.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

Segundo aparece na web de cruceirosdegalicia.xyz (ver referencia bibliográfica), “este cruceiro fue derribado en el año 1930 (no se sabe cómo). Felipa Yáñez y sus familiares guardaron la cruz hasta que fueron entregados -ochenta años más tarde- al Concello de Boiro que procedió a su restauración. Volvió a ser colocado en su sitio original en el año 2007”


Referencias bibliográficas:

http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/150110702.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.646644783091
Lonxitude: -8.893321694596
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84