Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Moaña
Parroquia: Meira (Santa Eulalia)
Lugar: O Pombal
Outra denominación do ben: Muíños naviculares do Viveiro
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

Conxunto de dous muíños naviculares situados sobre a superficie plana unha laxe granítica.

Segundo podemos ler na ficha catalográfica do PXOM de 2016 do concello:
“está formado por cinco rebaixes cóncavos de paredes moi redondeadas que ocupan unha superficie rectangular de 40 por 55 cm, orientado o eixo maior dese rectángulo de NE a SW.
Este petróglifo foi atopado durante o control e seguimento arqueolóxico realizado no transcurso das obras de construción do Corredor do Morrazo. Atopábase na vertente NE dun pequeno outeiro moi pedregoso situado ao S do Castro de Alto das Cidades (523365,60; 4683427,30)”.

A ubicación actual deste petróglifo non é a orixinal.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: GA36029053
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MOANA/documents/27581ca009.PDF (Páxina 15)
https://www.wikiloc.com/hiking-trails/petroglifos-de-meira-ruta1-moana-morrazo-rega-pequena-chan-de-arada-means-escada-xesteira-pedra-fur-46021217

BIBLIOGRAFÍA

MAÑANA BORRAZÁS, Patricia e SEOANE-VEIGA, Yolanda. EXCAVACIÓN, TRASLADO Y REUBICACIÓN DE PETROGLIFOS AFECTADOS POR OBRAS PÚBLICAS: LA EXPERIENCIA DEL MORRAZO (GALICIA). LABORATORIO DE ARQUEOLOGÍA DA PAISAXE (IEGPS).CSIC-XUGA. SANTIAGO DE COMPOSTELA (En liña: https://pdfs.semanticscholar.org/02de/437faa7dea1e13450b5359f2659d8270e2b9.pdf)

MAÑANA-BORRAZÁS, Patricia. “Escavación, traslado e posta en valor do petróglifo de O Viveiro (Moaña, Pontevedra). Memoria da actuación arqueolóxica realizada no marco da obra pública do Corredor do Morrazo”. CAPA 26. Cadernos de Arqueoloxía e Patrimonio. Laboratorio de Patrimonio (LaPa), Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC). 2011


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.301909389299
Lonxitude: -8.7184280319101
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84