Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Monterroso
Parroquia: San Cibrao dos Ferreiros
Lugar: Os Ferreiros
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Á beira do camiño e preto da igrexa, érguese un cruceiro con plataforma cuadrangular de bordo recto e moldura ribada de seccion cóncava. Carece de base. O fuste monolítico, prismático, de sección cuadrangular nos extremos e coas arestas achafranadas no resto, decorándose na parte superior con fitas colgantes rematadas por gotas sobre as arestas. Obsérvase unha rotura á altura da súa parte central. Capitel cúbico, moldurado a base do xogo de bandas en resalte sobre outras refundidas, destacandose a superior por ocupar a metade do espazo e o diferente tratamento ornamental, cunha faixa de arquirios de medio punto separados por espazos rectos —interpretacion dun arco serliano— en resalte sobre o fondo liso. Cruz latina, de sección octogonal, cos extremos dos brazos lobulados e botón central.
Datos históricos: data de 1873, como se observa nas contas parroquiais do mesmo ano: “280 reales por beneficiar un crucero de piedra enfrente de la iglesia para obsequio de la misma, que llevaron los maestros canteros y demas peones. Catro anos máis tarde, sendo depositario Antonio Ferreiro, rebáixanse aínda 20 reais polos xornais e servizos prestados na construción do cruceiro parroquial.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.museolugo.org/revistas/artigos/Cruceiros%20Monterroso.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.734311793582
Lonxitude: -7.8204098644867
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84