Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Moaña
Parroquia: Meira (Santa Eulalia)
Lugar: O Pombal
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

Petróglifo que podemos ver unha gran laxe case plana e composto dun gravado principal con forma de reticulado situado na parte central da rocha, cunha dimensións aproximadas de 1,87 x 1,12 m. Ao seu redor podemos ver outros motivos como dous gravados abstractos, un deles de 7 X 25 cm. composto dun círculo cun apéndice cortado por unha lina transversal; un suco con forma de semicírculo; un pequeno reticulado de 25 X 35 cm. de difícil lectura pola súa erosión; sucos e cruces que posiblemente formaran parte doutro reticulado.

Orixinariamente este petróglifo se situaba na ladeira NE do Alto das Cidades. No momento que se comeza a construción do Corredor do Morrazo CG 4.1 se traslada e se coloca no lugar que no que o podemos ver hoxe. Este traslado, realizado con maquinaria pesada, rompeu a pedra en varios anacos, o que afectou gravemente ao petróglifo.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: GA36029051
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MOANA/documents/27581ca009.PDF (Páxina 12)
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/petroglifos-de-meira-ruta1-moana-morrazo-rega-pequena-chan-de-arada-means-escada-xesteira-pedra-fur-44311845
http://destruccionpatrimonio2007-8.blogspot.com/2008/12/la-pala-entierra-la-historia-de-moaa.html
https://galego.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2019/06/02/obra-autovia-recuperara-parte-petroglifo/2116365.html

BIBLIOGRAFÍA

SEOANE-VEIGA, Yolanda. Escavación, traslado e posta en valor do petróglifo de Devesa do Rei (Moaña, Pontevedra). Cadernos de arqueoloxía e patrimonio, CAPA 28. Laboratorio de Patrimonio. CSIC. 2011

MAÑANA BORRAZÁS, Patricia e SEOANE-VEIGA, Yolanda. EXCAVACIÓN, TRASLADO Y REUBICACIÓN DE PETROGLIFOS AFECTADOS POR OBRAS PÚBLICAS: LA EXPERIENCIA DEL MORRAZO (GALICIA). LABORATORIO DE ARQUEOLOGÍA DA PAISAXE (IEGPS).CSIC-XUGA. SANTIAGO DE COMPOSTELA (En liña: https://pdfs.semanticscholar.org/02de/437faa7dea1e13450b5359f2659d8270e2b9.pdf)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.305947514249
Lonxitude: -8.7191788041454
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84