Outra fotografía:

Tipo de ben: Recinto ferial,
Concello: Terra de Soneira (comarca) / Vimianzo
Parroquia: Bamiro (San Amedio)
Lugar: Piroga, A
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

No campo da Piroga celebrábase ata non hai moitos anos a feira máis antiga da comarca da Terra de Soneira. Era coñecida como a feira de Baio, aínda que nunca se celebrou nesa vila, ata os noventa. O nome vénlle en realidade pola proximidade que hai entre Baio e A Piroga (que pertencen a dous concellos distintos; Zas e Vimianzo) ós que só os separa unha ponte sobre as augas do río Grande. Isto fai que moitas veces se confunda a parte vimiancesa co núcleo urbano máis grande que é Baio. Incluso se lle chamaba á Piroga o “Baio de Bamiro”.

De tódolos xeitos, a referencia documental máis antiga sobre esta feira atopámola no 1741, no arquivo parroquial de Santo Amedio de Bamiro. Ademais, tamén aparece referenciada no Catastro de Ensenada de 1753.

Contaba con dúas celebracións mensuais: a principal era o terceiro domingo de cada mes e a secundaria (o feirón) era os primeiros martes. A máis antiga é a primeira, da que temos constancia no século XVIII; a segunda viría motivada polo éxito da outra e instauraríase no XIX.

A feira de Baio foi durante moito tempo o gran motor económico da comarca. Nela comerciábase de todo o que se podía: gando, sementes, froita, teas, louza… Ata olería de Buño. Os comerciantes distribuíanse ó longo desta ladeira do Monte Torán en filas. Había postos fixos (cubertos de pedra e madeira) ou con tarimas móbiles, pero tamén se colocaban ó longo do campo sen nada, cada un no seu oco.

Hoxe o que podemos atopar no Campo da Feira da Piroga son os restos de varios cubertos de pedra onde se instalaban os vendedores. Deles só quedan uns cantos na parte central do campo e algún máis moderno de cemento espallado polo lugar.

Por que se abandonou o Campo da Feira da Piroga? A especulación urbanística propiciada polos gobernos locais deixou que se construíran vivendas e outras construcións ilegais en terrenos que só estaban destinados a uso feiral. Os feirantes foron abandonando o lugar e invadindo a estrada comarcal e interrompendo o tráfico.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

LEMA SUÁREZ, X.M. e REI LEMA, X.M. (2007) “A feira de Baio. O mercado máis antigo da Terra de Soneira.” Ed. Tórculo Artes Gráficas. Santiago


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Nestes momentos a Feira xa non se celebra no recinto histórico. Pero o Concello de Vimianzo está intentando volver a poñelo en valor e a reformar o lugar.


Onde está localizado

Latitude: 43.14771242857817
Lonxitude: -8.967643976211548
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84