Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Fene
Parroquia: Sillobre (Santa Mariña)
Lugar: Lugar do Ameneiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma troncopiramidal e pedestal troncocónico rematado cunha roda cun bocel. Na parte superior do pedestal ten unha placa de mármore coa seguinte inscrición: “RECUERDO DE / RAMON SOTO Y SU ESPOSA / AÑO 1945”. O varal é circular que soporta un capitel cilíndrico con astrágalo circular e liso. Ábaco de lados curvos e vértices achafranados, ademais ten volutas e cabezas de anxo con ás. A súa cruz é circular e no seu anverso presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, mans pechadas e pé dereito sobre o esquerdo. Inclina a cabeza cara á esquerda cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. O pano de pureza vai suxeito cunha corda. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar sobre unha peaña e coas mans en cruz sobre o peito agarrando o seu manto. O cruceiro é todo de serpentina agás a plataforma que é de formigón.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros da Provincia da Coruña”. Volume II. Deputación Provincial da Coruña, 1999.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/FENE/documents/0177CA009.PDF (Páx.6).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.46512274243
Lonxitude: -8.1270657083742
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84