
Outra fotografía:
Tipo de ben: Ermida, Igrexa,
Concello: Fene
Parroquia: Sillobre (Santa Mariña)
Lugar: San Marcos
Outra denominación do ben: A capela do marco
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XX,
Descrición:
A capela de San Marcos atópase no lindeiro da parroquia de Sillobre e do propio concello de Fene, a carón dun cruce de camiños. Trátase dunha pequena edificación con planta rectangular e nave única, realizada en robusto muro de cachotería vista e cuberta a dúas augas. Presenta pequenas fiestras rectangulares nas fachadas laterais, aínda que os vans principais, a porta da entrada e outra ventá sitúanse na fachada principal nun eixo vertical que se completa co aleiro do tellado e a espadana para unha soa campá anepígrafa.
Reedificada en 1926, no Catastro de Ensenada (1752) indícase que o límite entre as parroquias de Sillobre, Magalofes e os cotos do Belelle e de Regüela está no marco situado no coro da capela de San Marcos. Na capella gárdase a imaxe de san Xiao, patrón da desaparecida capela do Belelle.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/FENE/documents/0177CA004.PDF (Páx.11).
http://www.fenecidadan.net/turismo/directorio/gl/64
https://galiciaencantada.com/lenda.asp?cat=5&id=2362
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.459996719996Lonxitude: -8.1232014376395
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84