Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Nogueira de Ramuín / Ourense (comarca)
Parroquia: Vilar de Cerreda (Santa Baia)
Lugar: Monte de Lamagorzos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

Son dous túmulos funerarios neolíticos que se atopan no parque eólico do Sil a unhos 800 metros de altitude ao lado duns aeroxeneradores e separados por unhos 300 metros. Foron catalogados e sinalizados nos anos 90. As mámoas teñen un diámetro total duns quince metros e arredor dun metro e vinte centímetros de altura. Están formadas por varios ortostatos graníticos do que hai algún in situ pero a maioría están desprazados sobre o túmulo que está protexido por unha coiraza de terra e seixos albos pois nesa zona abunda o cuarzo. A zona foi desbrozada posteriormente e se poden observar uns petróglifos nun dos ortostatos. Os gravados son dous cruciformes arrodeados de sendos circos. Posiblemente sexan posteriores ao levantamento dos túmulos e se crearan como demarcación entre dous territorios.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA32052004, GA32052005
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB:

https://adrianourense.wixsite.com/petroglifos/arquitectura-prehist%C3%B3rica

https://adrianourense.wixsite.com/petroglifos/estacions-rupestres

PXOM Nogueira de Ramuín (documento de aprobación inicial 2016). TOMO IV: Catálogo de Bens Culturais. Pax 272-273 do PDF: http://www.nogueiraderamuin.com/pxom/pxomNOGUEIRARAMUIN.htm

BIBLIOGRAFÍA:

EGUILETA FRANCO, J Mª & GARCÍA VALDEIRAS, M: “Memoria do Inventario de Xacementos Arqueolóxicos do concello de Nogueira de Ramuín”. Inédito. Ourense. 1997


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.389389357459
Lonxitude: -7.6710700622029
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84