Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Malpica de Bergantiños
Parroquia: Leiloio (Santa María)
Lugar: A Pedrosa
Outra denominación do ben: Cruceiro da Zougaría.
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cuadrangular con remate en chafrán. Ten unha inscrición ilexible e símbolos da paixón nos chafráns. Na parte do anverso distínguese unha salamántiga no chafrán e debaixo, na cara do pedestal a inscrición: “ANO 1?63”. Hai autores que ollan o ano 1693 pero debido ó seu desgaste é moi difícil precisalo. No lado dereito, no chafrán hai unhas tibias en X e na cara do pedestal a inscrición: “A SV COSTA”. Na esquerda, no chafrán semella unha lanza ou unhas tesoiras e na cara outra inscrición “¿?”. Hai autores que ollan unha caveira, posiblemente se atope na parte do anverso, pero debido a luz dese día, non se logrou identificar nada. Na plataforma e no pedestal ten unha mesa acaroada. Sobre este pousadoiro ten un camarín ou forneliña de pedra con forma de cuncha ou bóveda nervada que leva unha custodia gravada no seu interior. O varal é cadrado con chafráns que soporta un capitel octogonal, moldurado e que remata en cadrado. A súa cruz é octogonal e no seu anverso presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, mans pechadas e pé dereito sobre o esquerdo. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Piedade, onde se ve a nai co fillo en brazos e unha serpe debaixo, símbolo do pecado. O cruceiro é todo de granito cun mal estado de conservación.
Tamén é un BIC declarado: Os cruceiros de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademáis, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volume II. Deputación Provincial da Coruña, 1999.
– Panel informativo do cruceiro.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.271978884378
Lonxitude: -8.7655496743621
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84