Cruceiro de capeliña de A Laxe Pequena
Catalogouno Pablo Eirín o Feb 25, 2020 • 10:34 p.m. •

Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Barbanza (comarca) / Rianxo
Parroquia: Taragoña (San Salvador)
Lugar: A Laxe
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Cruceiro de capeliña ou loreto no lugar de Laxe. O conxunto se ergue sobre unha laxe de pedra parcialmente asfaltada en época moderna. Consta dunha plataforma de tres chanzos sobre a que apoia un varal dunha soa peza de arestas rebaixadas, decorado con catro cunchas nos remates superiores dos chafráns. Capeliña con base tronco piramidal inversa e corpo superior de remate en arco de medio punto, coa imaxe dunha virxe no interior.Está decorada cuns anxos alados na base inferior e baixo relevos nas caras exteriores sendo na cara esquerda unha imaxe de san Francisco, na posterior Un Cristo portando a Cruz en cara dereita a figura de Santiago matamoros. Remata o conxunto na parte superior unha cruz latina con extremos rematado en flor, no anverso a figura de Cristo coas extremidades en paralelo ao brazos da cruz, baixo cartela de INRI.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo. “Cruceiros e petos de ánimas”. DOGA de 3 de decembro de 2014. En liña (consultado do 25-02-2020):
http://concelloderianxo.gal/ftp/PXOM_RIANXO_2014_05/3_ORDENACION_3_CATALOGO_6_PAXS_396_513_CRUCEIROS_E_PETOS_DE_ANIMAS.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.67689817985Lonxitude: -8.8125599973919
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
Se estiveches nel, valora o estado deste Ben Cultural (é importante):






1 comentario
Oscar Franco says:
Mar 9, 2020
Engado a seguinte referencia web:
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/1507211.html